Obra galega completa - Rosalía de Castro - Akal
Sembrando futuro

Detalle del libro

titulo del libro

Obra galega completa

6,65 € Comprar

Rosalía de Castro

Editorial
Akal
Colección
Arealonga - Letras galegas
Materia
Contemporánea
ISBN
978-84-7600-471-5
Dimensiones
12x18
N.° páginas
346
Año edición
1989
Precio sin IVA
6,39 €
Código
2176

Sinopsis

“Arealonga” quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopables en publicaciós eruditas. Ademáis de “Cantares Gallegos” e de “Follas Novas”, as dúas grandes obras en galego da nosa autora, esta nosa entrega contén un conto en prosa, unhas traducciós en verso e dez poemas que Rosalía escribiu ó marxe dos dous libros citados. O leutor, por conseguinte, está dediante da totalidade do mensaxe galego de Rosalía; en canto ó erudito, afórraselle o traballo de ter que percurar as pezas esparexidas deste mensaxe. Cando Rosalía de Castro publicóu o seu primeiro libro vernáculo, Galicia era unha enorme gándara de alleamento. Ela, ó definirse e ó definirnos, brindóunos unha tarefa que outros espritos foron precisando e agrandando. Pro ela foi un verdadeiro alborecer. Cando dazasete anos despósi, en 1880, Rosalía viaza ás bisbarras mási escuras da súa intimidade, compón un libro que é un exemplario de poesía fonda, radica e gravemente desacougante. Hai nese libro, tamén, anacos latexantes da Galicia que dasquela padecía, moi concretamente, a historia. Ese volume, “Follas Novas”, consolida, en certa maneira, o que a nosa autora fixera nun lóstrego de intuición e acerto: convertir unha fala popular en ferramenta artística. Despóis de 1880, Rosalía de Castro vai vivir intres cheos de dificultade e de traxedia: desgracias familiares, penosa enfermedade, incomprensiós literarias, xenreiras ... Nestes intres, aqueloutrada por semellantes circunstacias, abandona o idioma que a ela, máis que a ninguén, lle debia a súa renacencia, a súa fermosa renacencia. O presente volume recolle, xustamente, a aportación –adecisiva e primaveral aportación- que Rosalía de Castro tributóu ó noso Rexurdimento.

Qué opinan los lectores

Añadir comentario