Da terra asoballada
de Ramón Cabanillas (Escritor)
O libro Da Terra asoballada publicóuse en Vilagarcía de Arousa o ano 1917. Casi estóu por decir que é este o libro máis compacto de poesía civil que producíu a nosa literatura. Non hai poema que non denuncie ou non combata unha miseria colectiva do vivir galego. Quero decir que non hai poemas intimistas, ou paisaxitas, ou evasivos ..., e o certo é que inda un libro como Aires da miña terra de Curros Enríquez contén algunhas páxinas alleas á poética civil. No libro de 1917, inteiramente civil, figuran entre outros, os poemas que en 1915 somente constituyen unha seución nun volume ¿Qué é o que puido suceder para que Ramón Cabanillas, home de varias musas probadas, soio pulsase esta corda? Pois unha politizaciondo poeta diante das protestas e levantamentos populares de O Porto do Son, Nebra, Narón, Amio e Sofán, algús con mortos dabondo ....
- Escritor
- Ramón Cabanillas
- Colección
- Arealonga - Letras galegas
- Materia
- Poesía, Contemporánea
- Serie
- Ramón Cabanillas
- Idioma
-
- Castellano
- EAN
- 9788473391702
- ISBN
- 978-84-7339-170-2
- Fecha publicación
- 22-12-1987
- Páginas
- 104
- Ancho
- 12 cm
- Alto
- 18 cm
- Formato
- Rústica