Sembrando Futuro

Narrativa e teatro

de (Escritor)

Alfonso Rodríguez Castelao, nacido en Rianxo en 1886, é a máis rica e fecunda personalidade do movemento galeguista. Despois de estudar Medicina na súa mocidade, Castelao pronto deixou a práctica desa profesión para dedicar todas as súas forzas ás súas auténticas vocacións: a arte e a reivindicación do espírito galego. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado do Grupo Nós e home comprometido coa defensa da autonomía galega e coa causa republicana, a súa figura alcanzou unha dimensión internacional. Castelao morreu no exilio, en Bos Aires en 1950. 

Na editorial Akal, xa dende a publicación das coleccións de Arealonga e Arealonguiña, comprometémonos tanto coa cultura galega como co pensamento crítico, e por iso queremos reeditar a obra do mítico Castelao. Neste volume incluímos todas as súas obras literarias, dende Cousas e Retrincos ata Un ollo de vidro, pasando por Os dous de sempre e Os vellos non deben de namorarse. Ademais, inclúense neste libro prosas con textos variados.

Escritor
Colección
50 Aniversario
Materia
Ciencias humanas y sociales, Ficción, Lengua y literatura, Narrativa, Teatro
Idioma
  • Galego
EAN
9788446056263
ISBN
978-84-460-5626-3
Fecha publicación
25-11-2024
Páginas
416
Ancho
14 cm
Alto
22 cm
Formato
Rústica
Rústica
16,00 €
SIN IVA 15,38 €
Añadir al carrito

Contenidos

Prólogo. Castelao (Eduardo Blanco-Amor)

Anteporta (X. Alonso Montero)

A nosa edición

Triple cronoloxía

Un ollo de vidro

Cousas

Retrincos

Os dous de sempre

Os vellos non deben de namorarse

Outras prosas

Libros relacionados